Esquenzo
¿Por qué esquenzo?, talvez para ser feliz, como dicía Nietzsche, pero o caso é que necesito esquencer, por este motivo tomei estas fotografías, as flores artificiais que moitas persoas depositan nos lugares onde permanecen os restos dos seus mortos.
Estas flores reflicten o paso do tempo mediante o seu envellecemento e para min, canto máis vellas, supóñome que o esquenzo forneceu máis efecto.
Co paso do tempo, os recordos vanse aos poucos, ao lugar máis profundo da miña mente, espallados, solapados, mesturados uns con outros, como as cartas dunha baralla, en ocasións aínda os podo recordar con certa claridade, ata que os esquenzo case por completo, xa non forman parte da miña vida diaria, non me molestan, non distraen a miña atención.
Sucédelle o mesmo que ás fotografías que gardo no caixón, simplemente convértense nun índice sen orde aparente.
Cando nalgún momento, por algún motivo concreto quero recordar, recorro a ese índice, pero todo aparéceme mesturado e aínda que de forma inconsciente, penso que non sei distinguir realmente si ese recordo foi certo ou cando sucedeu, nace transformado, formado tal vez por distintos anacos doutros tantos recordos e convértese nunha historia diferente, tal vez idealizada, xa é literatura.
Información para exposición
- 12 Fotografías en color de 400 x 500 mm. Colocación en linea con separación de 10 mm.
- 30 Fotografías en color y b&n de 135 x 135 mm. Colocación pegadas y desperdigadas en pared.
- 1 Fotografía en b&n de 1200 x 800 mm. Colocada sola en una pared.
- 1 Bloque de hojas A4 con el texto de la obra, firmadas y numeradas