| |
|
|
setembro
Co
aceite poñiamos segredos,
palabras, conversas,
e a pota rebentaba fervendo de impaciencia.
Mais a vida seguía
despois do aceite o allo, a cebola, o pemento
(mellor se for vermello)
e sempre remexendo o garfo de madeira.
E así un día e outro foron facendo costra,
tixolas, cazos, potas,
non houbo nunca auga que arrastrara eses anos,
nin xabón que varrera tanto empeño diario.
Poema e de Marta
Dacosta |