Xaquin Rosales

Xaquin Rosales (1958,Vilagarcia de Arousa), vive e traballa en Vilagarcia de Arousa.

Fotógrafo identificado co ambiente cotián e cunha tendencia creativa orientada cara á realización de imaxes que tentan representar, desde unha perpectiva metafísica e poetica, espazos temporais apoiados na memoria. 

Expón a súa obra regularmente, participando nos últimos anos en numerosas exposicións colectivas e individuais. Camiñante incansable, curioso e observador, imprime aos seus traballos unha coherencia estilística, con dose de naturalidade e de aberta visión.